Inside Middle East é un proxecto que nace do meu Erasmus en Eskişehir, Turquía. Esta experiencia despertou en min un gran interese neste país e en todos os que conforman Oriente Medio e o Magreb.
Como estudante de xornalismo quería facer algo relacionado con estes países, sobre todo con Turquía, polo que decidín crear esta páxina web para divulgar todo o coñecemento que adquirín durante os nove meses que residín en Turquía e todo o que continúo aprendendo. En Inside Middle East poderedes atopar sobre todo artigos, pero tamén entrevistas, investigacións e reportaxes que realicei durante a miña estancia no país e outros moitos que nacerán co paso do tempo.