Rexistro
- Acceso ao formulario de novo usuario
- Datos:
- Nome de usuario/a: composto polo teu nome e apelido/s, sen espazos e en minúsculas. Non será posible cambialo despois.
- Correo electrónico: correo de contacto privado, para as mensaxes de activación de conta, recuperación de contrasinal e outros avisos automáticos da plataforma. Non é público na ficha de autoría.
- Contrasinal: é xerado un automaticamente. É necesario que siga os requisitos marcados na descrición para ter un contrasinal seguro (minúsculas, números e símbolos como ! ” ? $ % ^ & ). Non se aceptan contrasinais avaliados como débil.
- Nome e apelidos: nesa mesma orde, en minúsculas, con letra capital para cada palabra e sen símbolos non alfabéticos.
- Normas de uso: é nesario ler atentamente as normas. Os contidos inseridos nas fichas e nos proxectos non son moderados e necesitan ter unha aceptación explícita do/a usuario/a que será responsable cunhas regras de utilización. O incumprimento delas pode ocasionar sancións como o desactivado ou eliminación do usuario.
- Correo de verificación: nel están incluídas as instrucións para verificar o correo electrónico e a conta na Sementeira. Será necesario comprobar na caixa de lixo do correo electrónico no caso non telo recibido.
- Correo final, conta creada: indicarase nel a ligazón para acceder á ficha pública e a ligazón para configurala.
Acceso
- Fomulario de acceso: Existe a posibilidade de acceder ao formulario de Rexistro e Recuperación de contrasinal
Sementar/Edición
Panel de proxectos e configuracións
- Proxectos
- Listado de todos os proxectos asociados á conta do usuario.
- Título do proxecto, autorías asociadas, formato e tipo de proxecto, comentarios e data de creación.
- Novo proxecto
- Título: tentar que non sobrepase 10 palabras. Non permite texto formatado.
- Área de edición: texto decritivo do proxecto, permitindo texto formatado avanzado e inserción de imaxes e galerías.
- Extracto: descrición curta do proxecto, visibilizada nalgún listado de proxectos e na presentación na ficha de proxecto. Preferible que sexa non superior a 10 palabras.
- URL externa ao proxecto: sexa un vídeo, blog, canción, podcast ou publicación física, será necesario unha url da ligazón á plataforma externa na que estea publicado o proxecto.
- Formato e Tipo: categorías que definen o proxecto. É necesário que se escolla só unha opción de cada categoría.
- Imaxe destacada: necesario que sexa en formato .jpg, en formato 4:3, máximo 1400px de ancho e 1200 de alto, e un máximo de 400kb.
- Autorías:
- por defecto estará o usuario de quen está a crear a ficha de proxecto.
- para escoller outras autorías rexistradas na Sementeira pode realizarse no cadro de pesquisa, introducindo as primeiras letras dos nomes ou apelidos.
- no caso de non existir, será necesario pedir a esas persoas rexistrarse na Sementeira como autoría.
- Perfil
- Nome e apelidos, usados para referencia interna da web.
- Correo electrónico de contacto da web da Sementeira.
- Información biográfica, texto curto que dará introdución á ficha pública da autoría.
- Contrasinal novo / Establecer novo contrasinal: pulsando no botón será proposta outro contrasinal.
- Perfil estendido: todos datos públicados na ficha de autoría.
- Nome e apelidos
- Correo-e de contacto profesional.
- Teléfono de contacto profesional.
- Normas de uso: imprescindible a sua leitura e aprobación para poder formar parte da Sementeira.
- Fotografía de perfil: A proporción debe ser 4:3, preferiblemente 1200×900 ou 800×600. Pedimos para optimizar o tamaño para menos de 300kb (Podes usar aplicacións como https://tinypng.com)
- Biografía de presentación: texto de presentación que permite formatado sinxelo. A extensión é libre pero recoméndase ser conciso e estruturado.
- Categoría: áreas principais profesionais.
- Url portfolio ou currículum vitae: será a url principal de presentación do currículum ou portfolio.
- Url (varios): na ficha pública serán presentadas as ligazóns, mostrando só o dominio da url.