Licenciado en Comunicación Audiovisual pola USC (promoción 2008-2012). Compostelano de nacemento, desde hai unha década reside e traballa na área de Barcelona. A distancia coa terra natal levouno a especializarse na divulgación sobre a xeografía e o territorio galego. Leva dous libros publicados sobre a cuestión: «Mover os Marcos: a (des)organizaçom do território galego» (2023) e «Galiza, Umha» (2024, tamén con versión en castelán). En 2025 botou a andar un proxecto paralelo en formato audiovisual: «Mover os Marcos», un podcast que desenvolve a temática presentada nos seus libros e onde tamén dá cabida a outros asuntos, sempre co territorio galego como eixo central.
Borxa Neira
Licenciado en Comunicación Audiovisual na USC (promoción 2008-2012). Escritor e divulgador sobre o territorio galego, con dous libros publicados e un podcast en activo.
Coñecer
Borxa Neira
Editar
Proxectos creados
- Borxa Neira