Carlos López Castro naceu en Lalín en 1979. Estudou xornalismo na Universidade Paulista de Brasilia e agora está a completar a convalidación de estudos estranxeiros na USC de Santiago de Compostela. Ao longo da súa traxectoria, realizou diferentes traballos como fotógrafo freelance, entre eles destaca o fotolibro O Santuário dos Pajés, que retrata os costumes dunha comunidade indíxena existente na capital do Brasil que está a ser danada pola expansión dun dos barrios máis luxosos.
No mundo laboral ten experiencia como fotoxornalista e en conflitos armados despois de ter participado nunha misión internacional en Afganistán a finais de 2006 coa Brilat de Pontevedra.
Está interesado en cuestións sociais, culturais e ambientais. Cre no poder da imaxe para inspirar conciencia e acción.
Carlos López Castro
Editar
Proxectos creados
- Carlos López Castro