Daniel Valcárcel Colino, nado en 2001, cursou os seus estudos obrigatorios e bacharelato en Culleredo, no Colexio Ría do Burgo e o IES Eduardo Blanco Amor.
Ao mesmo tempo, realizou a súa formación musical no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo, obtendo o título de Grao Profesional con especialidade en piano. Posteriormente, inicia os seus estudos universitarios na Universidade da Coruña no grao de Comunicación Audiovisual, cambiando de facultade en terceiro á Universidade de Santiago de Compostela e graduándose en 2023.
Durante a súa formación secundaria comezou a tocar a guitarra xunto co piano, e comezou a súa traxectoria no mundo da música underground, formando parte de diversos grupos de pequena escala e facendo covers de temas populares cos seus amigos. Non é ata 2020, en plena pandemia da COVID-19, que comeza a crear e publicar música a través das súas redes sociais baixo o seudónimo Aeronave Adolescente, co que publicará dous EPs ao longo dos anos e o seu álbum debut Sempre está chovendo na beira do mar (2023). En 2023 publica tamén o seu debut como director coa curtametraxe found footage Palomas de agua, resultado do seu Traballo de Fin de Grao na USC.
Daniel Valcárcel Colino
Editar
Proxectos creados
- Daniel Valcárcel Colino