Nacín no ano 2004, en Valdoviño, un pequeno concello ao noroeste de Galicia, onde tiven a sorte de medrar cunha cámara na man. Dende que teño memoria, recordo disfrutar moito de facer fotografía, ben fora como recordo familiar, para as redes das miñas amigas ou como algo máis experimental.
A día de hoxe, estudo o Grao en Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela. Un grao que me permitiu afondar na linguaxe audiovisual e na análise das imaxes, así como na fotografía dixital e analóxica. En 2025 realicei prácticas externas en Pingota Comunicación, axencia de comunicación dixital.
Nun futuro profesional busco adicarme á fotografía e á iluminación como forma de contar historias.
Laura López González
Coñecer
Laura López González
Editar