Nada en Lugo (2002) e co meu corazón en Cambados, a vila onde me criei, desde sempre adorei ler e contar historias. A vocación chegaría máis tarde cando en 2020, case de casualidade, decidín estudar o Grao en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela.
Durante os catro anos de carreira aprendín máis sobre esta profesión que agora defino como apaixonante, fixen distintos proxectos, escribín nos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra e descubrín que podía traballar no que máis me gustaba: a cultura. A rapaza á que desde nena lle embelesaba unha película, unha pintura, un libro ou unha canción por fin podía manifestarse libremente.
Na actualidade atópome estudando o Máster en Xornalismo Cultural na Universidade CEU San Pablo de Madrid, onde boto de menos Galicia e busco cumprir o meu soño de ver algún día o meu nome nas páxinas dalgún medio cultural.
"Fantasía e o demais" é o resultado do meu amor pola arte fusionado coa importancia do ámbito social e materializado nunha reportaxe multimedia sobre a cultura drag en Galicia. Tamén é o meu Traballo de Fin de Grao.
Paula Hernández Platero
Editar
Proxectos creados
- Paula Hernández Platero