Máis aló do límite: o deporte inclusivo en Galicia

Este traballo é un proxecto xornalístico multimedia que dá visibilidade a deportistas e clubs que fomentan o deporte inclusivo.

Coñecer
Máis aló do límite: o deporte inclusivo en GaliciaVisitar proxecto aquí

Galicia conta con aproximadamente 1.350 deportistas con algún tipo de discapacidade. O deporte adaptado e inclusivo achégalles beneficios físicos e psicolóxicos, alén de favorecer a súa integración social. No entanto, segue habendo barreiras como a falta de accesibilidade nas instalacións deportivas e o elevado custo do material, que dificultan a súa práctica en igualdade de condicións.

Co obxectivo de profundar nesta realidade, “Máis aló do límite: o deporte inclusivo en Galicia” é unha reportaxe multimedia audiovisual en formato de sitio web. A súa finalidade é dar visibilidade a un ámbito deportivo con escasa presenza na axenda mediática e contribuír a reducir os prexuízos cara aos deportistas con discapacidade.

Para iso, entrevistei a representantes de asociacións e equipos inclusivos, así como a deportistas con distintas discapacidades vinculados ao fútbol, rugby, natación, tiro con arco e remo adaptado. O resultado é unha web audiovisual composta por vídeos, audios, fotografías e infografías interactivas.

En definitiva, este traballo funciona tanto como un produto xornalístico que se adapta ás demandas multimedia dos medios como un espazo que serve para que xente que non ten tantas oportunidades de falar nos medios póidase expresar.

Máis aló do límite: o deporte inclusivo en Galicia
Galería de fotos
Máis aló do límite: o deporte inclusivo en Galicia
Mapa interactivo
Máis aló do límite: o deporte inclusivo en Galicia
Logo do proxecto
Máis aló do límite: o deporte inclusivo en Galicia
Infografía sobre o deporte inclusivo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio