El día más triste del año é unha reportaxe multimedia sobre as festas populares do noroccidente de Asturias creada como Traballo de Fin de Grao para a titulación de Xornalismo. O proxecto pretende poñer en valor o peso destas celebracións no tecido social, superando as barreiras xeracionais e mostrando a súa importancia de xeración en xeración. O enfoque multimedia permite combinar un percorrido narrativo pola historia e evolución das festas de La Barca (Navia), San Timoteo (Luarca) e as Telayas (Puerto de Vega), ao tempo que evoca o imaxinario festivo mediante diferentes recursos audiovisuais. Neste texto recóllese o proceso de elaboración e o resultado dun proxecto que busca visibilizar a función das festas patronais como momentos de lecer e acougo nunha era moderna marcada pola hiperprodutividade e a incerteza.
El día más triste del año
Reportaxe multimedia sobre as festas populares do noroccidente de Asturias (TFG Xornalismo)
Coñecer
Visitar proxecto aquí