A orixinal Semana Santa de Oímbra é recollida nunhas fotografías que tentan concentrar a súa esencia: veciñanza, fe e moita paixón por parte dun pobo que recuperou unha tradición do século XIV e que hoxe traballa unido para mantela viva. Dende o Domingo de Ramos ao especial Xoves e Venres Santo, Oímbra realiza unha representación de diferentes episidios bíblicos na que destacan os “penitentes”, que recorren a calzada romana a catro patas pedindo clemencia.
Visitar proxecto aquí