O Cancioneiro Popular da Memoria é un proxecto transmedia que busca recoñecer, homenaxear e dar a coñecer o papel das cantareiras e da poesía oral na sociedade galega. A través de diferentes formatos dixitais, e diversas actividades presenciais de carácter didáctico, buscamos contar as historias de toda unha xeración e explorar temas como os efectos que a música tradicional ten na memoria.

Este ano 2025, o Día das Letras Galegas adicouse ás cantareiras e á poesía popular oral. Ás avoas e bisavoas que coa súa pandeireta custodiaron a nosa lingua durante décadas. Fillas da sociedade labrega, das que transmitiron cantigas de xeración en xeración, e que no mes de maio viron como se fixo xustiza co seu legado. Moitas destas mulleres hoxe forman parte da terceira idade, e desgraciadamente, parte delas padecen enfermidades cognitivas, como o alzhéimer, ou sofren un grao de dependencia que as obriga a frecuentar un centro de día.
Este traballo supón unha viaxe a través destas historias. Recorremos estes centros para elaborar un inventario coas pezas que recordaban, falando coas mulleres e homes ás que a mente non lles permite lembrar o que fixeron hai 5 minutos, pero que son capaces de recitar de memoria as letras de pandeiradas e muiñeiras. relatar as vivencias da cantareira que, aínda que hoxe precisan axuda para comer, hai non moito estaba animando o torreiro da festa despois de sacar adiante a unha familia. En definitiva: o Cancioneiro Popular da Memoria é unha reportaxe, para lembrar ás que xa non lembran, e darlle o seu merecido homenaxe.
O proxecto recibiu unha considerable atención por parte de varios medios de comunicación, que por iniciativa propia, deron cobertura a esta reportaxe dentro da súa axenda informativa. Entre eles aparecen nomes como a Televisión de Galicia (no programa Hora Galega), La Región, O Diario do Támega e Faro de Vigo. Ademais, o Concello de Cangas tamén mostrou interese, o que permitiu realizar unha exposición na casa do concello e unha exposición.

Acceso ao proxecto:
