Render animado en Blender. Anuncio dunha cafeteira da marca imaxinaria Kafeto, realizado no marco da materia Animación e CGI do Grao en Comunicación Audiovisual.
Técnicas e metodoloxía:
O modelado da cafeteira foi realizado a partir de imaxes de referencia dunha cafetera real. Tanto este modelo coma os complementarios fan uso de diversos modificadores do programa, sempre partindo do modelado con primitivas.
As texturas alternan entre as de creación propia e as descargadas de add-ons gratuitos como Poliigon e BlenderKit (apoiadas nunha modificación personalizada posterior).
A animación das diferentes partes da cafetera foi realizada en cada obxecto individualmente, e consiste en traslacións e rotacións na súa maior parte. Tamén se fai uso de modos de interpolación entre key-frames predefinidos polo programa, coma o “rebote” ou “bounce” (en efectos dinámicos). A auga está conformada por un sistema de partículas de “metaballs” con texturas propias (transparencia, IOR 1.300, etc.), programadas para seguir un campo de forza personalizado con forma curva.
A iluminación é simple, consistente nun foco “spot” cenital animado e unha luz de área constante de frente, así como un HDR prefabricado.
A cámara conta cunha animación de seguimento continuo na primeira parte e cun plano estático na segunda. A profundidade de campo, a distancia focal e a apertura do diafragma dixitais están animadas para manter o enfoque. O desenfoque forzado tamén forma parte do proxecto de Blender, e non da posprodución.
O render foi optimizado para ser realizado en cycles.
A edición ou posprodución foi realizada en Adobe Premiere Pro. Consiste unicamente nun corte intermedio e na superposición de dous cadros de texto, sen modificar ningún outro parámetro como a cor ou a iluminación.
Imaxes: