Amazonas: avance y revolución en el periodismo

"O xornalismo feminista constituíuse dende a súa orixe como un dos principais axentes transformadores da sociedade contemporánea"

Coñecer
Amazonas: avance y revolución en el periodismoVisitar proxecto aquí

O avance do movemento feminista durante o século XIX cristalizou nunha serie de acontecementos que transformaron a sociedade española. Un dos principais fitos que marcaron o devir da realidade social e cultural da España decimonónica foi a irrupción da muller nos medios de comunicación. O nacemento de La Pensadora Gaditana, fundado en 1763 por Beatriz Cienfuegos, constituíu a inauguración do xornalismo feminista, unha corrente que propiciou a apertura de novos espazos de reflexión dentro da profesión e a incorporación de novas perspectivas do quefacer xornalístico.

Amazonas: avance y revolución en el periodismo é unha reportaxe que pretende indagar nos cambios que se produciron no xornalismo feminista dende a súa orixe, así como afondar nos desafíos actuais a través da revisión documental e dunha serie de entrevistas que expoñen a perspectiva de diferentes profesionais adscritas a este campo da comunicación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio