movida reload

Reportaxe multimedia sobre a evolución do papel do xornalismo e do xornalista cultural na promoción dos novos artistas dende a Movida ata hoxe

Coñecer
movida reloadVisitar proxecto aquí

Este Traballo de Fin de Grao consiste na creación dunha reportaxe multimedia con cobertura nas redes sociais Instagram, YouTube, TikTok e Spotify, titulado movida reload. Este proxecto, abordado desde unha perspectiva de xornalismo cultural especializado, busca analizar a evolución do papel do xornalismo cultural e dos seus creadores, os xornalistas culturais, na promoción de artistas emerxentes ao longo dos anos, centrándose no contexto cultural da década de 1980 en Galicia; un período no que se desenvolveu o fenómeno contracultural coñecido como “Movida”. Durante este período, un número significativo de artistas musicais, visuais e cinematográficos, entre outros, acadaron prestixio e éxito grazas ao traballo incansable dos medios de comunicación e xornalistas na cobertura da realidade cultural da época. Actualmente, esta realidade viuse notablemente minguada, non só desde unha perspectiva social, cun movemento cultural que pasa desapercibido, senón tamén desde unha perspectiva profesional, con seccións culturais pechando e medios de comunicación culturais especializados cesando as súas actividades. Esta investigación busca responder, a través desta análise, a unha pregunta que xurdiu nos últimos anos: está o xornalismo cultural en perigo de extinción? Todo isto desde a perspectiva daqueles que viviron esta efervescencia cultural, sendo voz e dando voz, e daqueles que agora se enfrontan a unha realidade cultural diferente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio