A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos 70 na procura dos cantos antigos que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as 300 horas de gravacións que forman o Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas tradicionais do país. Corenta anos despois, dúas mozas inician unha viaxe tralos pasos de Schubarth para atopar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida. É un traxecto no que conviven a alegría de volver cantar e a frustración de chegar tarde para coñecer un mundo que desaparece.
Ficha técnica:
Xénero: Documental
Duración: 87’
Lingua V.O: Galego
Formato: Dixital (16:9 / Anamórfico)
Son: Estéreo (AAC – avcodec)
Dirección e guión: Alejandro Gándara e Olaia Tubío
Produción executiva: Alejandro Gándara
Fotografía: Rubén Gasalla e Olaia Tubío
Son directo: Alejandro Gándara e Cristian Pineda
Son estudo: Reyes Abad, Manuel Fidalgo e Chus Silva
Montaxe e grafismos: Lucía Estévez
Posprodución de imaxe: Leticia T. Blanco
Posprodución de audio: Chus Silva
Gravacións e fotografías orixinais: Dorothé Schubarth
Coproduce: Deputación da Coruña
Premios e seleccións
II Concurso de Ideas Luisa Villalta de Proxectos Culturais Pola Igualdade, Deputación da Coruña
Mostra Internacional de Cinema Etnográfico – Museo do Pobo Galego
Play-Doc
Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo
Festival Alcances
Novos Cinemas
Festival Internacional de Cine de Ourense
Nominada ao Mestre Mateo a Mellor Documental