Somos Marta e Ana e temos un podcast para falar con mulleres novas que fan cousas e das cousas que nós facemos. Entre risas e choros intentamos aprender algo máis sobre saúde mental e o mundo caótico no que nos tocou vivir. A todo isto, como estades?
Cristais de Meraki é un medio de comunicación, concretamente un podcast, dedicado a darlle voz a mulleres que se atopan activamente no mundo laboral. Este medio combina entrevistas (os chamados “cristais”) con reflexións individuais (os “merakis”) vencelladas a algúns dos temas tratados nas entrevistas.
A través destas entrevistas/charlas informais baseadas nunha conversa, preténdese ofrecer un lugar seguro para falar das inquedanzas que lle competen á coñecida como xeración “de cristal”. O que máis destaca deste medio é a selección de mulleres novas (menores de 30 anos) que crean ou emprenden dalgún xeito (directoras, artistas, empresarias, políticas, científicas…).
Os capítulos que forman este programa duran arredor de 45-50 minutos, seguindo unha estética xuvenil e baseándose a nivel visual na cor morada.
Ficha técnica:
- Voces: Ana Loureiro Sánchez e Marta Tiago Calzado
- Gravación de son: Equipo técnico da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
- Edición de son: Ana Loureiro e Marta Tiago
- Gravación de vídeo: Rafael Martín Ruíz-Matas Menes
- Edición de vídeo: Ana Loureiro Sánchez e Marta Tiago
Acceso ao proxecto:
Contacto:
- Correo electrónico: cristaisdemeraki@gmail.com
- Instagram: https://instagram.com/cristaisdemeraki
- Twitter: https://twitter.com/CristaisMeraki
- Tik Tok: https://www.tiktok.com/@cristaisdemeraki