Anos Luz

Anos Luz é un proxecto transmedia cuxa protagonista é a poeta Luz Fandiño. A obra céntrase na poesía galega e nas diversas temáticas que entrelazan a súa vida, com [...]

Coñecer
Imaxe do proxecto Anos Luz. Móstrase un collage cunha fotografía antiga, un exemplar dun libro de vocabulario das Irmandades da Fala e unhas flores. Tamén se amosa o título do proxecto.Visitar proxecto aquí

Anos Luz é un proxecto transmedia cuxa protagonista é a poeta Luz Fandiño. A obra céntrase na poesía galega e nas diversas temáticas que entrelazan a súa vida, como a migración e o feminismo.

Fandiño é poeta e activista, nada en Santiago de Compostela en 1931. Con 91 anos amosa un claro compromiso con diversas causas importantes para ela. Criada nunha familia formada por mulleres, tivo que emigrar a unha idade temperá debido á ditadura franquista. Inicialmente o seu destino foi Arxentina e máis tarde Francia.

En América do Sur descubriu a súa paixón pola poesía, que define como o seu “salvavidas”, que lle permitiu expresar os seus sentimentos pola súa terra, a súa familia e o seu pobo.

No proxecto distínguense tres apartados: poesía, migración e feminismo, así como o percorrido transmedia da obra. A historia de Luz cóntase a través das plataformas escollidas e anímase aos usuarios a converterse en prosumidores que amplíen o mundo narrativo e contribúan á construción cultural de Santiago de Compostela. Esta proposta está pensada para conectar co público novo, ofrecendo un modelo de comunicación bidireccional que fomente a participación.

O Faiado Podcast
  • Carlota Álvarez Feijoo
  • Laura Fernández Alonso
  • Iria Fernández Calvo
  • Leila Fernández Castro
  • Malena Fernández Morete
  • Eva Fernández Prieto
  • Iria Ramos Mesía
  • Claudia Taboada Cousillas

O Faiado Podcast

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio