A vida non vén cun manual de instrucións, e menos mal, porque moitas veces non daría tempo a abrilo para consultar que vén a continuación, porque moitas veces non habería todas as opcións de cada capítulo para escoller.
Ninguén escolle onde nacer e a maioría tampouco escolle onde vivir. A familia, o traballo, o contexto político ou as guerras moitas veces non dan lugar a elección. Pasa que, sen xornada de portas abertas, un aparece nun lugar obrigado a rematar por chamalo casa.
O Instituto Galego de Estatística fixa en 250.438 o número de habitantes de A Coruña. 18.949, case un 8%, estranxeiros.
Portas abertas é un vídeo podcast documental que pretende, a través de conversas con distintas habitantes da cidade, entender como é Coruña e por que tanta xente acaba vivindo nela. A meirande parte, por certo, co desexo de non marchar nunca.
