La Maleta de Pauli

A Maleta de Pauli é un blog de viaxes nado en 2016 co obxectivo de crear itinerarios e guías para viaxeiros

Coñecer
La Maleta de PauliVisitar proxecto aquí

A Maleta de Pauli é un blog de viaxes que naceu en 2016 pola inquietude de compartir lugares e plans chulos coa xente. Nel ofrécense itinerarios, consellos, guías e información sobre máis dunha decena de países.

O blog mostra unha forma distinta de viaxar, onde máis aló dos monumentos turísticos, valórase a cultura, a gastronomía e a historia de cada rexión. Ademais, utilízase un ton próximo e distendido que consegue, mes a mes, chamar a atención dos seus lectores e facerlles pasar un bo rato.

Tras sete anos activo, A Maleta de Pauli conseguiu crear unha comunidade fiel de seguidores que visitan a diario o contido da web e que consultan, o día 1 de cada mes, o novo contido xerado. Contido que se mantivo con regularidade durante 84 meses consecutivos sorteando todo tipo de dificultades, como a pandemia por Covid.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio