“CULTURZ3TA” é un ciclo de actividades culturais celebradas no concello de Coaña (Asturias) durante o mes de xullo de 2025. O obxectivo principal é visibilizar o traballo dos artistas e creadores novos do noroccidente asturiano que estudan e/ou traballan en diferentes sectores artísticos e achegar a súa obra á poboación da vila, poñendo en valor o talento local.
Durante a primeira edición, tiveron lugar 6 encontros diferentes: taller de interpretación (impartido por Saray Anes), coloquio sobre fotografía (impartido por Luna López), coloquio/taller sobre literatura con perspectiva de xénero (impartido por Nessy Lanza, Raquel Cernuda e Sara Castro), coloquio sobre caracterización (impartido por Belén Tudanca), proxección do documental ‘Xeito’ e coloquio posterior (con Celia Cancio) e coloquio sobre estilismo y vestuario (impartido por Marta Suárez e María Gadez)










