Mar de ida e volta

Mar de Ida e Volta é unha reportaxe multimedia na que se tece un relato sobre  a emigración, o racismo, as ditaduras, a trata de persoas, o exilio e a represión vivid [...]

Coñecer
Mar de ida e voltaVisitar proxecto aquí

Mar de Ida e Volta é unha reportaxe multimedia na que se tece un relato sobre  a emigración, o racismo, as ditaduras, a trata de persoas, o exilio e a represión vividas por galegos no século XX e, máis concretamente, polos migrantes de Mali, Senegal, Guinea Conakri, Nixeria e Mauritania, entre outros, en calidade de refuxiados que chegaron a Galiza a raíz da denominada “crise migratoria” acontecida no 2024. Ó longo do século XX, estímase que emigraron preto de 700.000 galegos, froito da pobreza e do exilio político, sobre todo, despois da Guerra Civil Española e durante a ditadura franquista. Precisamente, é nesta terra onde se destinou a centenares de refuxiados dende o ano 2024 para ser acollidos, suscitando o rexeitamento de moitos pero, tamén, o apoio daquela veciñanza que ve reflectido o que aconteceu nesta rexión.

Ao longo do ano, medios de comunicación, galegos e estatais, cubriron este acontecemento dende unha mirada xeneralista, racista, belicista e ignorando a existencia da especialización no xornalismo social. Esta área xornalística non busca responder unicamente ó “que” dun suceso migratorio, senón afondar nas causas e consecuencias de marchar e en como repercute ó resto da sociedade.

Acceso ao proxecto: 

Repercusión nos medios: 

Contacto:

  • Gmail: mardeidaevolta@gmail.com

Mar de ida e volta

Mar de ida e volta

Ida e Volta
  • Ainhoa Puga Nogueiras
  • Daniela Granado Noya
  • Marina Ferradás Rodríguez

Ida e Volta

1 comentario sobre “Mar de ida e volta”

  1. Graciela fuentes

    En hora buena chicas ayer leí vuestro artículo en la voz y me emocionó que chicas tan jóvenes piensen con tanta madurez b,ojalá se les pegue algo a los políticos,tenéis todos mi respeto y gratitud ,un saludo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio