Caneliñas, a costa das baleas

Un documental interactivo que recupera a historia e os recordos da industria baleeira na localidade de Caneliñas, en Cee

Coñecer
Logo do documental interactivo 'Caneliñas, a costa das baleas'.Visitar proxecto aquí

Nun pasado non moi afastado a caza de baleas foi unha das principais actividades do tecido industrial galego, algo que a día de hoxe parece tan incrible como certo. Máis aínda cando pensamos nun lugar como Caneliñas (Cee, A Coruña), onde unha factoría baleeira chegou a converterse nun dos motores económicos da zona dende a súa apertura, o 14 de novembro de 1924, ata o cese da súa actividade no 1985.

Esta industria pasou a ser unha das plantas de aproveitamento de baleas máis grandes da Península Ibérica e mesmo a última en manterse activa en toda Europa. ‘Caneliñas, a costa das baleas’, pretende recuperar os recordos daqueles que viviron ou gardan relación con esta singular historia local e amosar o acontecido nesta costa ás xeracións presentes e vindeiras.

Ten como misión reconstruír e poñer en valor a historia desta industria ceense cun impacto tanto local como internacional, a través dun documental web interactivo.

A visión do proxecto é ser un produto de referencia para toda a zona, axudando a expandir a súa historia socioeconómica mediante a experimentación de novos formatos multimedia no xornalismo.

Por último, os seus valores baséanse na responsabilidade social e histórica do lugar, poñendo en valor o local a través de novas prácticas xornalísticas. Uns sentimentos que nos levan a axudar a dinfundir a historia socioeconómica da zona, dándolle valor aos feitos e á propia Costa da Morte, e a crear un produto dende a innovación xornalística.

Caza baleeira, Costa da Morte, ecoloxismo, dereitos laborais e mesmo feminismo únense nunha mesma peza para contar aquilo que moitos aínda descoñecen.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio