Onde fomos xuntas é o desexo de querer plasmar as formas de expresarse e de sentir da rede de amizade que rodea ás directoras da peza, co fin de facer unha representación audiovisual dos diferentes medos, aspiracións e visións da vida deste grupo de persoas. O resultado é un diario íntimo fragmentado en cinco capítulos que retrata unha xeración comprendida nun contexto e situacións concretas, a través dunha montaxe caracterizada pola súa experimentación visual.
Idioma: Castelán e galego
Duración: 00:17:23
Dirección, produción, guión, fotografía, montaxe e dirección artística: Marta Alborés Prejigueiro e Lucía Mosquera Suárez
Premio á Mellor Peza de Non Ficción e mención á Mellor Dirección de Non Ficción no Facom Fest 2022.