La de los tres monos

Dous estudantes de instituto propináronse unha señora malleira. O seu director pescudará o motivo a través dun peculiar método.

Coñecer
La de los tres monosVisitar proxecto aquí

Adrián e Víctor, dous mozos de instituto, propináronse unha señora malleira. Cando o seu director ve que ninguén quere confesar os feitos, pescuda o motivo a través dun peculiar método.

“La de los tres monos” é unha curtametraxe de ficción que non presenta unha realidade tan ficticia: romances de instituto e os seus caóticos desenlaces. Aborda a narrativa co mesmo dramatismo hiperbolizado co que experimentamos as disputas amorosas nesas idades. En esencia, é un repaso breve e cómico dunha das principais emocións humanas na súa forma máis volátil. E violenta.

La de los tres monosLa de los tres monosLa de los tres monos 

EQUIPO TÉCNICO

  • Dirección e guion: Gael Trujillo
  • Produción: Aza Amat
  • Cinematografía: Beatriz Real
  • Dirección de arte: Carlota Paredes
  • Sonidista: Alba González
  • Vestuario e maquillaxe: Uxía Sobrado
  • Montaxe: Gael Trujillo
  • Coreografía: Javier Cagigas

EQUIPO ARTÍSTICO

  • Adrián: Adrián Fernández
  • Víctor: Javier Cagigas
  • Director: Miguel Boullón
  • Tiffany: Evs García

Grazas ao centro educativo IES do Sar por prestar as instalacións para a rodaxe e ao alumnado para a figuración.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio