El que no se agache

El que no se agache (2025) Cando era pequeno, había a miúdo unha cámara gravando. Unha parte da miña infancia, por tanto, estaba recollida nunhas cintas miniDV. Anos [...]

Coñecer
El que no se agacheVisitar proxecto aquí

El que no se agache

El que no se agache (2025)

Cando era pequeno, había a miúdo unha cámara gravando. Unha parte da miña infancia, por tanto, estaba recollida nunhas cintas miniDV. Anos despois, co visionado destas cintas, comecei a reparar en determinados conflitos relacionados coa miña sexualidade que omitira ata ese momento. Desta maneira, a través da utilización do material doméstico recolleito pola miña familia, profundo sobre as diferentes infancias de persoas pertencentes ao colectivo LGBT. 

Desde a miña propia experiencia persoal combinada co testemuño doutras persoas entrevistadas, reflexiono sobre termos como “saír do armario”, a identidade, a expresión de xénero, as relacións familiares dentro destas situacións e a propia autoaceptación contraria a estereotipos herdados desde a infancia. Diferentes historias que, mesturadas, non pretenden crear un relato universal do que supón ser unha persoa do colectivo, senón máis ben poder apreciar aqueles aspectos que conflúen entre elas e aqueles que se dan en cada unha, incitando desta maneira á reflexión. 

El que no se agache
Fotograma 1
Fotograma 2
Fotograma 2
Fotograma 3
Fotograma 3
Fotograma 4
Fotograma 4

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio