O tecido da memoria é un Traballo de Final de Grao de Comunicación Audiovisual, realizado en 2023. A través do formato da curtametraxe documental, móstrase a narración das vivenzas de María Magdalena, unha muller que emigrou a Inglaterra co seu marido a finais dos anos 60 co fin de ter novas oportunidades laborais. Nesta peza móstrase a súa capacidade de evocación das súas memorias pasadas, así como a súa loita contra o esquecemento; ao mesmo tempo, móstrase o seu entorno e vida actual a través da perspectiva e mirada do seu neto, o director da obra.
A curtametraxe tivo o seu desenvolvemento durante os dous últimos anos do grao, así como posteriormente foi seleccionada na sección de non ficción do Facom Fest na edición de 2023. Agradecementos ao equipo técnico, meceas do crowdfunding, patrocinadores locais e Concello de Val do Dubra, onde se rodou íntegramente a peza.
Equipo técnico
Dirección: Leo Pereiro Pombo
Script: Leandro Pérez Espinal
Produción: Jules Herrmann Herrero, Lucía Ortigueira Piñeiro, Leo Pereiro Pombo
Fotografía: Alicia Aykan Movilla, Leo Pereiro Pombo
Montaxe: Leo Pereiro Pombo
Making-of: Rubén Montero Antelo