Non somos nada é unha pequena curta de non ficción experimental.
Foi realizada para a materia de Escritura audiovisual e gañou Mellor curta de non ficción Fescisa e Mellor guión de non ficción FacomFest no 2022.
A peza explora dunha maneira non-narrativa a relación que temos coa demencia, a enfermidade e o paso do tempo apoiándose de elementos visuais experimentais, animación e audio en 8D. Este tipo de audio mestura técnicas de ecualización, panorámicas e efectos. Combinados, estes compoñentes dan ao oínte a sensación de ter a música soando “dentro” da súa cabeza. Con isto o que se busca é poñer ao espectador no pundo de vista dunha persoa que está sufrindo unha demencia e crear unha experiencia inmersiva.
Dirección: Valeria Gómez
Montaxe e postprodución: Valeria Gómez
Produción musical e deseño de son: Valeria Gómez
Mención especial: Herminda Olga Vázquez Tarrío (miña avoa)
Extracto do audio: