Club de lectura FaCom

Iniciativa para crear unha forte comunidade entre membros do estudantado afeccionados á lectura e á escritura.

Coñecer
Club de lectura FaComVisitar proxecto aquí

O Club de lectura FaCom nace no ano 2023 da man dos alumnos Raúl Salgueiro e Mario Elías coa idea de suplir a falta dun club que permitise crear unha forte comunidade entre membros do estudantado afeccionados á lectura e á escritura. Pola Sala de investigadorxs da Biblioteca da Facom, lugar onde se celebran as reunións mensuais, xa teñen pasado autorxs como Afra Torrado (Fago o que podo), María Villamarín (Diario de dúas casas), Nee Barros (tradutore de Heartstopper) ou Andrea Fernández Plata (Jarroa). As reunións baséanse nun principio de portas abertas a toda persoa que queira participar na conversa e adoitan estar centradas no proceso de ideación e edición seguido polx autorx convidadx. Podes seguir a actividade do club no seu Instagram, @lecturasfacom.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio