A Keikes é unha revista autoeditada e autoxestionada que ten como obxectivos principais a promoción cultural, a visibilización de talentos emerxentes e a normalización linguística. Céntrase na vila de Ordes, pois pretende ter un impacto efectivo a nivel local e ser un espazo que dea voz á cidadanía, ás súas propostas, inquedanzas, queixas, talentos e entornos. A función principal d’A Keikes é humanizar o lugar no que vivimos.
Ademais da publicación en papel, dende a directiva da revista organízanse eventos para participar activamente na dinamización do panorama cultural ordense, entre os que destacan o festival de música Akordes, a exposición de arte local Creaordes e o Cineclub Lagartiños. Actualmente, o proxecto está en camiño de converterse nunha asociación cultural sen ánimo de lucro.
A redacción da revista está formada maioritariamente por estudantes que buscan defender o local dende a cooperación e a colaboración, o que non sería posible sen a axuda dos veciños da vila.
O equipo está formado por:
- Aira Portos Rey, estudante do Grao en Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela.
- Ariadna Fieira Boquete, estudante do Grao en Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña.
- Nieves Castro Torres, estudante do Grao en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.
- Isabel Castro Torres, estudante do Grao en Física da Universidade de Santiago de Compostela.
- Antonio Vázquez Martínez, estudante do Grao en Enxeñaría Civil da Universidade de Santiago de Compostela.
Acceso ao proxecto:
- WEB: akeikes.wordpress.com
- INSTAGRAM: @aparroquia_
- TWITTER: @akeikes
Contacto:
- aparroquia@gmail.com
- 680 21 97 66 (Aira Portos)
- 644 90 22 50 (Antonio Vázquez)