O TFM Proxecto Xorima: Deseño e implementación da estratexia comunicativa e de marketing para a difusión dun produto transmedia é un proxecto de difusión para un produto transmedia sen ánimo de lucro.
Xorima é un proxecto transmedia arredor da historia do grupo homónimo, que xorde do cariño e da homenaxe cara unha música que se converteu na banda sonora de xuventude e madurez de moitas persoas. Unha música que entrou como unha refolada de aire fresco, enmarcada nun movemento pioneiro que envolveu o espertar da identidade dun pobo como o noso despois de padecer a represión dunha época escura.
O proxecto Xorima ten como obxectivo poñer en valor ese movemento, esa identidade, esa música e sobre todo recoñecer ás persoas que a fixeron posible a través de todas as canles que estean ó noso dispor, axudando a colocar a Xorima no papel que merece na historia da cultura galega a través dun formato transmedia que abarca múltiples dimensións e plataformas para dar forma a unha historia poliédrica.
Texto TFM: https://drive.google.com/file/d/1WqT06B8RI3rrxF749CPBKWEfFX8yDCDs/view?usp=sharing