Movidas da Terra

Cómic que contén relatos con mensaxe ecoloxista acerca da relación entre humanos e animais e que serve de base para unha estratexia de difusión multiplataforma.

Coñecer
Movidas da TerraVisitar proxecto aquí

Movidas da Terra é o resultado dun TFG chamado Creación dun produto a través dunha estratexia transmedia para a concienciación ecoloxista. Do cómic clásico ás multiplataformas. Polo que esas Movidas son relatos, multiplataforma, con mensaxe ecoloxista acerca da relación entre humanos e demais animais, todos eles apoiados nun medio que ven podería ser outro, pero que neste caso práctico é un cómic. Vincular os coñecementos adquiridos no grao de Comunicación Audiovisual para que o traballo se materializase nun cómic (sen ter eu experiencia previa nese aspecto e sendo o meu primeiro intento) foi grazas ao atrevemento propio do grao pero, sobre todo, ao gran interese, apoio e guía dos meus titores, Enrique e Roi, sempre interesados en impulsar novos enfoques.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio