Este proxecto nace dunha preocupación polo auxe dos discursos reaccionarios en redes sociais e, sobre todo, entre a mocidade. Nace de escoitar as opinións dos adolescentes sobre o feminismo, de ser testemuña do auxe que cada vez máis ten a extrema dereita nos países occidentais e da frustración de ver como cada vez máis xente lle dá credibilidade ás loiadas que se difunden sobre este tema.
Backlash: “Eles revólvense porque nosoutras avanzamos” é unha reportaxe multimedia na que se fala sobre o antifeminismo en España. Céntrase, principalmente, na influencia deste fenómeno entre a poboación moza e na súa expansión a través da coñecida como manosfera, un conglomerado de espazos virtuais heteroxéneos nos que se difunden estes discursos. Esta peza xornalística conta con varios apartados que descompoñen en profundidade a auxe do antifeminismo nos últimos anos. As temáticas tratadas van dende as redes sociais e a desinformación ata a política ou as propostas de solución a este problema.
