Esta investigación ten por obxecto o estudo da situación actual da muller no sector cinematográfico galego. A desigualdade en función do xénero é transversal a toda a sociedade, incluídas as artes e as industrias creativas. A partir dunha análise estatística da composición do equipo nas longametraxes publicadas nos catálogos Films from Galicia (2012-2020) e entrevistas con produtoras actualmente en activo, este estudo aborda a cuestión da inserción laboral, a promoción e a creación artística e industrial no cinema galego, xerando así unha panorámica do contexto laboral no que se moven as mulleres cineastas e a influencia do mesmo no seu traballo creativo.
O texto forma parte do volume K da revista Galicia21, titulado “Modos de ver e ser vistas. As mulleres que coñezo no cinema galego” e editado por Marta Pérez Pereiro e Silvia Roca.