“Delante del armario” é un documental interactivo que trata sobre as persoas maiores LGTBIQ+ e que xorde como resultado da materia Narrativas Dixitais do Grao en Xornalismo. Coa colaboración de varias persoas do colectivo, e a través das súas historias persoais, preténdese non soamente dar a coñecer unha parte da súa traxectoria vital, senón tamén tratar de entender as súas dificultades e promover valores como o respecto e a aceptación cara á comunidade LGTBIQ+.
Este proxecto foi realizado por Elena Gómez , Rocío Maquieira, Carla Márquez, Marcos Diego, María Brines, Lucía Company e Chiara Lamela co apoio do profesor Jorge Vázquez.





