Marcelina, unha moza emigrante galega en Cuba, escríbelle unha carta ao seu amado Manuel, contando a triste realidade das mulleres galegas emigradas a Cuba na primeira metade do século XX. Nesta carta, a autora relata o nacemento da Asociación Hijas de Galicia, e o positivo impacto que esta tivo nos dereitos das mulleres traballadoras emigrantes instaladas en La Habana.
Hijas de Galicia. Sociedad Sanitaria y de Auxilio Mutuo foi fundada baixo o nome de Sociedade Pontevedresa no ano 1912, aínda que no ano 1917 a asociación sería renomeada co nome polo que posteriormente sería coñecida. A súa principal misión foi principalmente a asistencia sanitaria, o auxilio mutuo e a protección legal e social destas mulleres. Moitas delas chegaban a Cuba en condicións de pobreza, algunhas sen familia, analfabetas, e, en múltiples casos, víctimas de redes de traficantes ou explotación sexual. Grazas ao traballo do historiador Julio César González Pagés, hoxe en día podemos saber como era a realidade destas mulleres e transmitila a todo o mundo.
O meu motivo para a creación desta curtametraxe audiovisual foi a presentación ao I Concurso de Curtametraxes da Cátedra Iberoamericana da USC, á que me gustaría darlle as grazas, xa que espertaron en min unha gran curiosidade e creatividade, que me impulsaron á investigación acerca deste tema, e á súa comunicación.