Baseado nas aventuras 2D de SNES e con influencias de series e xogos como Over the Gardenwall ou Undertale, The Grove ponnos na pel de Nara, un rapaz que perde ao súa mascota no medio dunha fraga nunha noite de treboada. Coa axuda de Sojar, un lobo pantasma que lle dará apoio na aventura, terá que intentar atopar ao seu compañeiro mentres se enfrenta as distintas critaturas e enigmas que a fraga agocha para os que se atreven a adentrar nela, ao tempo que se coñece a el mesmo. O xogo preséntanos unha estrutura de aventuras/plataformas 2D tradicional co engadido das mecánicas de ritmo, facendo que teñamos que interactuar coa contorna a través da frauta do protagonista, que vincula ao xogador co mundo fantástico de The Grove e lle permite crear rimtmos e melodías que modifiquen o que vemos. Esta demo, que se enmarca na primeira parte da aventura, permítenos coñecer a Nara e a Sojar e ver como se enfrontan a o seu primeiro contacto cos seres que agocha o xogo: o formigueiro subterráneo. Alí terán que falar coas distintas formigas e investigar o mapa para atopar as ferramentes que lle faltan e así poder coñecer máis da súa historia e continuar na búsqueda da súa mascota.
- Javier Blanco Armada
Movidas da Terra
- Clara Arias
Inside Middle East
- Ana Loureiro
- Marta Tiago