“Ollo onde te metes…”

ORB é unha curtametraxe de animación cartoon producida nun software de modelado 3D. Conta cunha estética 2.5D escura que fai uso de modelos low-poly e ferramentas de control elásticas para transmitir a expresividade e esaxeración dos debuxos animados tradicionais nun formato tridimensional.
A historia é sinxela:
Un pequeno ser entra nunha caverna para roubar un tesouro vixiado por un orbe xigante. A cautelosa misión non tarda en frustrase, e o que nun comezo sería unha infiltración discreta convértese nunha persecución por unha cova con paredes que sempre observan…
É unha comedia de slapstick apta para todos os públicos.
