O ceo non é o límite: os estándares da persoa perfeccionista é unha peza xornalística que aborda a autoesixencia disfuncional, as súas orixes, as súas implicacións e as súas posibles abordaxes terapéuticas, con especial fincapé nas emocións e condutas ás que dá lugar e que serven para entender a magnitude do problema e o camiño cara ao seu tratamento. Para iso, a reportaxe recolle testemuños, explicacións e recomendacións ofrecidas polos distintos actores implicados para observar o tema desde unha perspectiva multifactorial e que é presentada desde os distintos formatos multimedia actuais (vídeo, audio e visualización).

