Señora, por favor foi un proxecto que naceu e medrou na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. O guión da curtametraxe gañou un dos premios do I Certamen CIMA10 Guiones por la Igualdad, convocado por CIMA e Amazon Prime Video, e obtivemos unha dotación económica para poder facelo realidade. A rodaxe levouse a cabo na propia facultade no ano 2023, e o equipo estaba formado por persoal relacionado con ela (alumnado, ex-alumnado, profesorado, técnicos…). Grazas ao apoio de toda esta xente, Señora, por favor saíu adiante e está dispoñible na canle de YouTube de Prime Video, ademais de facer un percorrido por festivais de diferentes partes do mundo.
Ficha técnica:
Dirección: Alma Alonso e María Aragón
Guión: Alma Alonso e María Aragón
Axudante de dirección: Paula Antón González
Interpretación: María Costas (avoa), Federico Pérez (comisario) e Grial Montes (neta)
Dirección de produción: Gloria T. Cerdeira
Xefa de produción: Eira Losada
Axudante de produción: Zaira Piñeiro García
Dirección de arte e vestiario: Arantxa R. Ponte e María Pérez Amor
Maquillaxe e perruquería: Francisco García Rivera
Dirección de fotografía: Miguel Gomar
Axudante de fotografía: Miguel Sambréijome
Son directo e posprodución de son: Nuria Comesaña
Montaxe e postprodución: Clara G. Nieto
Script: Antía Montes Coego
Composición e produción musical: Luis Álvarez Cabado
Making of: Carlota Álvarez Feijoo
Deseño gráfico e cartelería: Xela Alonso Costas
Deseño do cartel da parada do bus: Laura González Aragón
Mentora CIMA10: Paula Cons
Titora Facultade de Ciencias da Comunicación: Marta Pérez Pereiro