Coa historia nos pés

Unha reportaxe multimedia que nos leva dende o pasado ao presente do zoco galego

Coñecer
Coa historia nos pésVisitar proxecto aquí

Escribía Antonio Machado “Caminante, no hay camino, se hace el camino al andar. Al andar se hace el camino, y al volver la vista atrás se ve la senda que nunca se ha de volver a pisar” e semella que os zocos escoitaron as palabras de Machado ao iren deixando unha pegada indeleble na cultura e memoria galega. Os zocos, esas pezas humildes de artesanía, son poesía tallada en madeira, ás veces de bidueiro, ás veces de castiñeiro, son o repiqueteo da choiva contras as tellas, son a banda sonora das aldeas ao chocaren coas pedras dos camiños, son o recordo do aroma a pan recén feito e a viño novo, son unha Galicia en miniatura que se leva nos pés. 

Con este inicio, damos a benvida á nosa reportaxe multimedia: Coa historia nos pés. A través desta investigación realizada para a materia Multimedia: teoría, técnica e aplicacións buscamos explorar o presente e o pasado do zoco galego. A peza inclúe elementos interactivos que axudan á comprensión e ilustración da investigación, ademais de entrevistas a personalidades célebres do sector como a recoñecida Elena Ferro; o último zoqueiro lucense, Alberto Geada ou a xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio