‘Anatomía dunha rondalla’

‘Anatomía dunha rondalla’ é unha reportaxe multimedia que explora o fenómeno das rondallas, agrupacións musicais populares exclusivas do sur da provincia [...]

Coñecer
Anatomía dunha rondallaVisitar proxecto aquí

‘Anatomía dunha rondalla’ é unha reportaxe multimedia que explora o fenómeno das rondallas, agrupacións musicais populares exclusivas do sur da provincia de Pontevedra e propias do Nadal. O proxecto combina testemuñas, documentación histórica e contido audiovisual para poñer en valor unha tradición profundamente enraizada pero case descoñecida fóra da súa contorna e con escasa presenza mediática. 

Estímase que chegaron a existir unhas 60 rondallas en máis de 40 parroquias, converténdose nun fenómeno cultural  único. Con este traballo preténdese contribuír á súa visibilización e á preservación dun patrimonio inmaterial vivo pero insuficientemente recoñecido.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio