Revista dixital Vencellos

Unha revista para dar a coñecer artistas da comunidade galega das diferentes disciplinas das belas artes

Coñecer
Revista dixital VencellosVisitar proxecto aquí

A revista dixital “Vencellos: Interpretando a arte” nace para dar a coñecer diferentes artistas da comunidade galega, as diferentes disciplinas das belas artes e como están poden ser interpretadas. Mediante diferentes formatos xornalísticos e audiovisuais preténdese retratar en cada edición a figura de sete artistas, o seu traballo e a súa visión particular sobre a arte.

Actualmente xa se realizou unha tiraxe da revista, a cal estaba enfocada na nova concepción e interpretación das disciplinas clásicas. O fío condutor que uniu aos protagonistas foi a súa visión innovadora, mais nas seguintes edicións este será diferente creando así novas seccións e perspectivas da arte.

Ademais de contar cunha web multimedia, tamén se empregou a rede social Instagram (@revista.vencellos), unha ferramenta que permite divulgar o proxecto e construír comunidade.

Revista dixital Vencellos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio