“El silencio de la locura” é un produto que se centra en relatar o pasado, presente e futuro dun sanatorio que chegou a ser referencia a nivel nacional. Tras innumerables saqueos e dez anos en ruínas, os seus plans máis inmediatos baséanse en converterse nun centro de referencia de formación en innovación de incendios forestais a nivel europeo. Neste proxecto realízase un percorrido pola evolución da psiquiatría, do tratamento dos pacientes e do estigma social que sofren as enfermidades mentais dende que hai recordo.
El silencio de la locura
Unha reportaxe multimedia sobre a historia do antigo psiquiátrico de Toén (Ourense).
Coñecer