Actividade extracurricular baseada na aprendizaxe de teoría e práctica da fotografía analóxica e o seu tratamento. Realízanse sesións semanais nas que se comparte entre o alumnado o gusto e interese polas técnicas fotográficas e apréndense os procesos de revelado e positivado de negativos, así como outras técnicas como a cianotipia.
Ficha técnica:
Promotoras: Beatriz Real Blanco, Irene Tobío García e Manuel Fidalgo Espasandín.
Contacto: clubdefotofacom@gmail.com