Bang: La evolución del triple en la última década

Reportaxe que fala sobre como o crecemento das triplas mudaron a forma de xogar, adestrar e o baloncesto nos últimos anos

Coñecer
Bang: La evolución del triple en la última décadaVisitar proxecto aquí

Bang xorde da experiencia persoal durante anos nos que tanto desfrutei do baloncesto nas pistas como cando ía a ver encontros aos pavillóns. Co paso do tempo, cada vez se pasou a tirar moito máis desde a longa distancia para buscar triplas, sobre todo no eido do profesionalismo. Esa experiencia permitiu que traballase cos datos para buscar que é o que acontecía e darme conta de que, na última década, o incremento foi exponencial.

Pero non quería quedar só cos datos, quería ver as experiencias reais de persoas na pista. Foi por iso que contactei con profesionais para poder ter unhas charlas coas que poder saber máis sobre que influencia tivo no seu día a día, na súa preparación e no seu sistema de xogo.

Nesta reportaxe aparecen grandes nomes do baloncesto nacional, como Luis Casimiro, adestrador do Río Breogán, Moncho Fernández, adestrador do Básquet Girona, Suso Garrido, adestrador do Durán Maquinaria Ensino, Miguel Ángel Hoyo, seleccionador de Costa de Marfil, Toni Nakic, xogador do UCAM Murcia, Claudia Soriano, xogadora do Perfumerías Avenida, Laia Lamana, xogadora do Joventut, Edgar Paz, analista de datos e comentarista para a TVG, Patri Cabrera, lenda do Baxi Ferrol, e Alberto Corbacho, lenda do Obradoiro. Todos eles non só contan como ven a actualidade, engaden a súa experiencia, anécdotas e unha visión sobre o futuro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio