
Aire é unha introspección, é un paseo polas primeiras páxinas dunha adolescencia frustrada. Aire é un experimento, é unha ficción, é unha carga de sentimentos. Aire é, con todo, un primeiro proxecto, nado das cinsas dun corazón, rachando un dicionario e erguendo a súa propia visión do mundo.
Escrito entre 2021 e 2022, posteriormente editado en 2024, é a primeira obra enteira de Roi Prieto.
