alexiacollazodavila@gmail.com640936533drive.google.com/file/d/1Rcp6WkU8bkLVnlgha-eKJ_MlxuJf9PlS/view?usp=drive_linklinkedin.com
Alexia Collazo Davila é graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Ao longo da súa formación realizou prácticas en diferentes medios e ámbitos, entre eles Infomiño, diario dixital local; Atlántico Diario, na sección de prensa en papel; e Cecubo Group, axencia de comunicación onde traballou na xestión da comunicación institucional e corporativa de diversos concellos e empresas.
A súa traxectoria inclúe tamén a participación en proxectos colectivos como Os mestres do son, que lle permitiron afondar na linguaxe audiovisual e na narración dixital. Toda esta experiencia conflúe agora en Anatomía dunha rondalla, o seu primeiro gran traballo en solitario, no que combina investigación, xornalismo cultural e formatos multimedia para dar vida a unha tradición única do sur de Pontevedra.
