Alma Alonso

Titulada en Comunicación Audiovisual pola USC

Coñecer

Alma Alonso

Editar
Alma Alonso, nacida en Gondomar no 2001, estudou o Grao en Comunicación Audiovisual na USC. Actualmente é directora e guionista de dúas curtas: "Señora, por favor", producida por Prime Video e CIMA, e "moitos moito", de produción propia (na que tamén é directora de fotografía). O ámbito que máis lle gusta é a fotografía, polo que tamén formou parte do equipo de eléctricos noutros proxectos, como a curtametraxe "Arden as papoulas" (dir. Eira Losada). Ten estado en diferentes festivais galegos, tanto como creadora, como de público ou na organización. A maiores, leva escribindo dende que era unha nena e obtivo premios tanto de guión como de relato, así como de fotografía.

Proxectos creados

Scroll ao inicio