Nacida en Caldas de Reis no ano 2002 comecei o grao de xornalismo en 2020 e desde ese momento fun descubrindo como mesturar a comunicación coa creatividade. Agora procuro abordar os meus traballos sempre con capacidade crítica e espírito emprendedor. Con formación complementaria en comunicación en redes e un amplo interese social e cultural, interésame transmitir historias complexas de xeito sinxelo e atractivo a través dos novos medios e formatos. No verán de 2023 fixen as practicas no Nós Diario, corroborando así o meu interese pola prensa escrita. A pesar desta vocación principal, a experiencia corroborou tamén a importancia de ter proxectos propios e capacidade de adaptación. É por todo isto que a través da miña formación e traballo procuro facer un xornalismo accesible con perspectiva galega e feminista.
Ana Loureiro
Editar
Proxectos creados
- Ana Loureiro
- Marta Tiago