Carlota Álvarez naceu en Piñor o 28 de xaneiro do 2000. Estudou Xornalismo e Comunicación Audiovisual na USC, e agora cursa, de maneira online, o ciclo superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos, na Escola de Imaxe e Son. No mundo laboral, ten experiencia como redactora nos medios Galicia Confidencial, neofalantes.gal e Historia de Galicia. Ademais, tamén traballou no equipo de comunicación da produtora Ainé, producindo un ciclo de podcasts para o festival Castelo Conta. Na súa etapa en Santiago coñeceu compañeiras e amizades coas botou a andar proxectos coma O Faiado Podcast, onde ocupa un perfil máis técnico en control de son e edición. Ademais, ten colaborado en proxectos como a curtametraxe Señora, por favor (making of) ou feito as súas propias pezas, como Zafirada (curtametraxe de animación).
Carlota Álvarez Feijoo
Editar
Proxectos creados
- Carlota Álvarez Feijoo
- Laura Fernández Alonso
- Iria Fernández Calvo
- Leila Fernández Castro
- Malena Fernández Morete
- Eva Fernández Prieto
- Iria Ramos Mesía
- Claudia Taboada Cousillas